mércores, 31 de xaneiro de 2018

Imagine

Ola imaginepingüis:

Grazas a Lydia, a mestra de Deixebre, chegou as nosas mans este libro tan especial:


Como gustou tanto as nenas e nenos de Senra fixéronlle un vídeo para recomendado. 




Vaia princesa!

Ola amantes da Paz!

Este martes vimos un conto titulado: A princesa rebelde.



Foi un acerto e todo o mundo gozou da súa historia. Nel vemos como unha muller ten dereito a realizar os seus soños do mesmo xeito que calquer ser vivo. En paz e liberdade.

A súa escritora é Anna Kemp é unha mestra da universidade Queen Mary de Londres onde ensina literatura francesa. Escribiu moitos libros moi interesantes de temática infantil.

A ilustradora é Sara Ogilvie. Ten ilustracións preciosas e ademais é unha gran artista en diseño, publicidade... Recordade que podedes visitar o seu blogue clicando no nome.

Se querelles ver as vosas fotos visitade a nosa páxina do CRA:


CLICA EN PINGÜI



martes, 30 de xaneiro de 2018

Martes de PAZ.

Ola pazamig@s!

Hoxe é un día moi especial. Temos sesión de animación á lectura, pero tamén o día escolar da non violencia e a paz.


Estou moi feliz porque me dixeron que temos na biblioteca de Vilarromarís unha moza moi especial que sabe o que quere e como conseguilo.



É unha muller libre, que busca a felicidade respectando @s demais. Vinde e veredes que muller máis fascinante.


Agora déixovos cunha canción para animar este día tan especial, bailade e cantade á miña saúde.


Podedes xogar tamén a...

luns, 29 de xaneiro de 2018

Chega un día moi especial

Ola pingüicolegas!

Teño que recordar a todas e a todos que o día 30 de xaneiro está adicado a non violencia e a paz.

Aquí vós deixo un enlace para visitar con explicacións, consellos, animación e moitos, moitos libros.

Ánimos soletes! (clicade na imaxe)

Pablo Picasso

mércores, 24 de xaneiro de 2018

Vaia lote de pingüíns.

Ola pitukiñ@s!

Este martes vimos unha morea de colegas. Xa vedes o elegantes que somos.



Gozamos un libro moi inspirador para traballar os números e a súa orde. Xa saberedes que cando nos xuntamos con moitas cousas hai que saber utilizar a cabeza para ordenalas, clasificalas, calcular o que precisamos ou do que debemos prescindir...

O conto visto chámase 365 pingüíns.



O seu escritor é Jean-Luc Fromental. De orixe francesa traballou en distintos campos: guións, prensa, publicidade... Ata participou nunha serie de debuxos chamada Lucky Luke.



O ilustrador é Joëlle Jolivet. Deseñou e publicou infinidade de libros moitos deles para vós.


Unha curiosidade. Este libro foi gañador do Premio de Honor Boston Globe-Horn Book. Un dos premios máis importante que se lle dan a libros de literatura infantil e xuvenil.

Saúdiños!!!

luns, 22 de xaneiro de 2018

Martes de inverno

Ola chulis!

O primeiro de todo é dicirvos que tedes que vir á biblioteca. 
Estou desexando volver vervos outra vez. Este martes temos unha sorpresa moi especial en Vilarromarís. Sabedes que?...
Un presente da miña familia!. 
En nadal faleille de todas e todos de vós. Que faciamos na biblioteca, como as profesoras e profesores participaban todos os martes, como as familias acudían a visitala...
Así que picoulles curiosidade e decidiron vir vela. Como somos moitas e moitos non podiamos permanecer ata o martes pola tarde, pero deixaron un conto moi especial para o voso goce.

Aquí queda un pequeño vídeo, animádevos!



mércores, 17 de xaneiro de 2018

Polvomascota

Ola amigas e amigos:

Este martes coñecemos unha nova mascota na biblioteca. Un ser moi especial que nos deixou coa boca aberta, rememorádelo?. 

UN POLBO! ALUCINA MANDARINA!.

O seu dono non estaba moi dacordo cos seus métodos de aprendizaxe pero ao final deuse conta do bo amigo que era. Saberes dicirme como se chamaba o conto?: 


O seu autor é Martin McKenna un ilustrador británico que fixo infinidade de obras: xogos en rede, de rol... As súas obras foron utilizadas en cinema e televisión tamén.

Para os/as que non viñestes á biblioteca deixámosvos na nosa páxina web os materiais de animación á lectura que se entregaron este martes. Son recomendacións de contos onde saen polbos, tanto para vós coma para a vosa familia.

Clica na imaxe e accederás a eles.



Moitos saúdos.

luns, 15 de xaneiro de 2018

As mascotas

Ola supercoleg@s!!!

Seguro que a gran maioría de vós ten unha mascota na súa casa. 
Un ou varios animaliños que queredes moito e coidades moi ben, dádeslle cariño, tédelo aseado, xogades con ela ou con el... 

Senón é así tranquis... Pois posiblemente coñezades alguén que si o ten e que vós deixe vel@ é estar con ela/el (avoas, avós, tías, tías, veciñas, vecinos...)

Eu como comprenderes non teño, por que ando falt@ de tempo e para coidala. 

AHHH!!! POR CERTO!!!... @s pinguins non somos mascotas!!! Por se tedes a idea de ter unha/un  na casa. Gústanos ser libres coma a leoa, o elefante, a cascuda...

Aínda que no conto que imos verhai un animal que será mascota, creo que vos vai sorprender, pero tamén non esquezades que é unha historia, dacordo?

Aquí queda un enlace no que ides apreciar como falamos os animais dependendo no país no que nós atopemos. Xa veredes que manexo dos idiomas: (coidado coas abelliñas)








xoves, 11 de xaneiro de 2018

Marcapáxinas 2017

Ola!

Quero agradecer o Concello de Oroso que nos voltara os marcapáxinas presentados co concurso o ano anterior. Aquí queda unha presentación con todos os nosos traballos. 


SOMOS UNHAS E UNS ARTISTAS!



mércores, 10 de xaneiro de 2018

A tartaruga que...

Ola chic@s!

Este martes na biblioteca vimos un conto moi especial. Era a historia ducha pequena tartaruga que o que máis desexaba non mundo era durmir. Pero xa saberes o que ocorre nestas ocasións, basta con que desexes algo para que non se cumpra.

O conto foi o seguinte:


O seu escritor é Roberto Aliaga, un manchego que ten publicados infinidade de contos. Quizais algúns deles xa os coñezades e outros invítovos a que os leades. Seguro que quedades encantad@s.

As ilustracións desta historia foron feitas por Alessandra Cimatoribus unha profesional italiana que no seu blog nos conta dende a sua vida, as creacións elaboradas, o que lle gusta...

Seguro que recordades este relato ilustrado por Alessandra, vímolo o ano anterior e fixemos un estupendo tendal na biblioteca:


Conto con todas e todos o próximo día de biblio!!! Un super bico!!!




luns, 8 de xaneiro de 2018

Cando alguén quere durmir...

AHHHHH!!!!

Que cans@ estou!. É difícil voltar daS vacacións do Nadal. Seguro que dades en investigar por onde fun. 

Primeiro din unha volta por Galicia e atopei o Apalpador. Menudo elemento!.
Ía a correr, cargado de xoguetes e andaba a rir polo medio do monte. É unha persoa un tanto especial.

Luís Dávila (O Bicherío)

Máis tarde, viaxei un montón, fun ata Laponia a ver o meu colega Papá Noel, que por certo estaba máis enorme ca nunca, bueno, enorme, enorme... mello dito gordíííísimooooo!!!


Despois decidín coller por Rusia e ir a Oriente onde fun visitar a Merchor, Gaspar e Baltasar. Pero estaban tan atareados preparando agasallos, que non me invitaron a un café. Vaia tres liantes sempre a argallar.


Cansei de tanta visita e dedidín ir pasar o Nadal coa familia. Alí nadei, corrín, fixen o pino pero sobretodo lin moito. Xa sabedes que é a miña actividade de lecer favorita.

Agora estou que non podo co cu, e so quero durmir. Este martes dixéronme que había moito lío na biblioteca e que posiblemente non me deixasen descansar, por que será?.

Como non o consiga... Non sei que podo facer.