martes, 23 de abril de 2024

Grazas Erea

 🌟 Mergullámonos na maxia da lectura co conto "Carabuñas" na Pingüibiblio! 📚✨ 

A familia de Erea levounos nunha viaxe fascinante, mostrándonos como o ordinario pode transformarse en algo extraordinario. Un conto escrito por Margarita Del Mazo e ilustrado por Charlotte Pardi.

💫 Dende o escuro ata o marabilloso, descubrimos o poder da metamorfose xunto á nai Erea e o seu relato cativador. 

🌙 Neste día do libro, 23 de abril, celebramos non só a lectura, senón tamén a capacidade de cambiar e medrar compartindo experiencias. 

🌱 Acompáñanos nesta viaxe de aprendizaxe e diversión, pingüicolegas! 

🚀 #DíaDelLibro #Transformación #AprendizajeDivertido #MagiaDeLaLectura 📖🎉




luns, 22 de abril de 2024

Lectura e Familias

Ola a todas os pingüilectores do CRA de Oroso!

Todo o mundo listo para unha aventura chea de diversión e aprendizaxe? 

Pois prepáradevos, porque a Biblioteca Escolar está a crear unha sorpresa para facer unha xornada extraordinaria!

A familia de Erea vai visitarnos e facer unha actividade maravillosa na nosa compaña.

Imaxina un lugar onde o saber entrelázase coa diversión, onde as páxinas dos libros cobran vida e cada recuncho esconde un secreto por descubrir. Ese lugar máxico é nosa querida Biblioteca Escolar, e estamos a piques de vivir esta experiencia única!











sábado, 20 de abril de 2024

Educación Vial no CRA de Oroso

Ola pingüiviaxeires!

Polas nosas escolas imos ter formación sobre educación vial: Camiño Seguro: Descubrindo os Dereitos e Deberes Viarios na nosa Comunidade Escolar.

Para as intrépidas e intrépidos exploradores do camiño seguro.

Nestos días, no noso querido centro escolar situado no corazón da serena natureza rural, embarcámonos nunha viaxe emocionante e educativa cara ao coñecemento viario. 

Si, así é! 

É momento de acender os motores da curiosidade e percorrer en compaña os camiños que nos conducirán cara a unha comprensión máis profunda dos dereitos e deberes viarios que temos. 

Imaxina, por un momento, os lugares da nosa comunidade como vastos carreiros por explorar, onde cada encruzillada, cada sinal, rumoréanos historias de seguridade e responsabilidade. 

Desde a cativada ata as persoas adultas, todos estamos chamados a ser gardiáns do camiño, a aprender e a ensinar as regras que nos guían cara a unha viaxe segura e chea de aventuras. 

Esta actividade non é só un recordatorio de normas, non! É unha celebración da autonomía, o respecto e a solidariedade que tecemos en comunidade. É un compromiso de coidado mutuo, onde cada neno e nena convértese nun/nunha condutor/conductora responsable, guiades polo coñecemento e o respecto cara a si e cara as demais persoas. 

Porque na viaxe da vida, cada paso, cada xiro, é unha oportunidade para aprender, medrar e compartir. 

Así que preparámonos para ser parte desta emocionante travesía, onde os pequenos xestos de precaución e cortesía convértense en grandes leccións de vida. 

En Deixebre e Trasmonte vivimos xa ese momento, agora próximamente visitaremos Senra e Vilacide.






mércores, 17 de abril de 2024

Con Tango son tres

 Clica no libro para conócelo.


Adiviñades a quen coñecemos na Pingüibiblio?

Pois a un colega moi especial chamado Tango. É unha historia moi bonita e real sobre como dous pinguins logran crear a súa propia familia.

Este libro foi escrito por Justin Richardson e Peter Parnell. Parella dende fai moitos anos e querían mostrarvos como as familias son diferentes tanto na nosa realidade como no mundo animal.


Clica na imaxe para ver a nova.

As ilustracións foron feitas por Henry Cole. Entrade no seu enlace para para xogar e ver a súa obra.

Para as persoas que non poidéstedes asistir aquí tedes un pequeno vídeo sobre o conto:













 

luns, 15 de abril de 2024

Vinde a biblio colegas!

 


Martes Pingüiespecial

 Tedes ganas de vir a Pingüibiblio?

Seguro que si.

Pois este martes imos adiantar a conmemoración do día do pingüíns, que se celebra o 25 de abril. Para min é un día moi importante porque nesta data fannos un lugar especial no mundo para recordar que debemos estar protexides, coidades e que vivamos moito tempo no planeta terra.

Porque aínda hai persoas que nos dan caza, estropean o lugar no que vivimos, non reciclan... E nos como calquer animal somo moi importantes para o ecosistema.

Clica na imaxe para ir ao enlace

Baila para recordar este día!




mércores, 10 de abril de 2024

Que ben o pasamos!

 Ola amantes da saúde!

Na tarde do martes vimos diferentes opcións para coidar a saúde das persoas e seres vivos que nos rodean. Como non coñecimos alguén foi especial, algo larpeira e foi viaxeira: A eiruga comellona.

Este libro foi escrito por Eric Carle. Un escritor moi coñecido por libros como...






Isto so é unha pequena mostra. Animádevos a ler! Son maravillosos!